|
O Museo Galego da Marioneta, inaugurado en outubro do ano 2001, é froito dun convenio de colaboración subscrito entre o Concello de Lalín e a compañía “Viravolta títeres”, que xestiona este espazo permanente para mostrar a súa colección de marionetas e fomentar o gozo, estudio e recuperación da arte dos títeres; o museo amplía cada ano o seu fondo documental con incorporacións de novas pezas, libros, vídeos e outros materiais sobre esta materia. A xénese deste recinto remóntase ao ano 1998, data na que o Museo Municipal “Ramón María Aller” de Lalín acolleu a exposición conmemorativa do décimo quinto aniversario da estrea do primeiro espectáculo de monicreques da compañía “Viravolta títeres”. Aquela exposición foi o xerme do Museo Galego da Marioneta, que en poucos anos converteuse nunha referencia ineludible para todos os interesados no mundo do monicreque; mantén unha programación estable cara ao público, organizando talleres de iniciación, cursos para profesionais dos monicreques e da educación e mostras de teatro de monicreques e outras actividades como Titerentroido, Titirideza, Ruada e Cantos e Contos do Nadal. O Museo Galego de la Marioneta está situado na rúa Manuel Rivero, n. 1, 1º; para ser visitado cómpre concertar cita previamente nos teléfonos 986 784 694 ou 645 137 031 |


